domingo, 13 de mayo de 2012

TRAXE TRADICIONAL GALEGO

Atopamos este video que nos explica brevemente as diferentes prendas da indumentaria tradicionl galega. Espero que vos sirva de algo, aínda que sendo unha explicación da indumentaria galega non entendemos moi ben porque o fan en castelán. Se non podedes ver o video clicade neste enlace: TRAXE TRADICIONAL GALEGO

jueves, 15 de septiembre de 2011

miércoles, 14 de septiembre de 2011

A Presidenta e a Xunta Directiva
da Asociación Soalleira de Dorrón


Ten o gusto de invitalos á “V Xornada da Cultura Tradicional Galega Soalleria de Dorrón”, que terá lugar o vindeiro domingo 25 de setembro, na Bouza de Dorrón, con arreglo ó seguinte programa:
De 10 a 13 h. Xogos Populares
Exposición “A máxica transformación da augardente”
18,30 h. V Festival Folclórico Soalleria de Dorrón con Pasarrúas e actuación de: Soalleira de Dorrón, Os Gatiños de Portonovo, Penaguda de Dena,Seixebra de Moraña e o Grupo de Gaitas Os do Barro.
20,00 h. Merenda popular e fin de festa.

lunes, 25 de julio de 2011

MISA NA HONRA DE ROSALÍA DE CASTRO


Un ano máis, a Agrupación Soalleira participa na Ofrenda Floral que se celebra na Igrexa de San Domingos de Bonaval na honra de Rosalía de Castro.
Como novidade este ano participou tamén nesta Misa Amancio Prada, ao que tivemos o pracer de coñecer.













null

lunes, 4 de julio de 2011

lunes, 28 de febrero de 2011

EXCURSIÓN A MANZANEDA


Que ben o pasamos o domingo en Manzaneda!!! A pesar de que as previsións dalgúns meteorólogos predicían que non ía a haber neve, houbo neve........e moita, neve para xogar, neve para tirarse en trineo, neve para mollarse, incluso para esquiar se algún se atrevera.


Foi unha excursión moi divertida que organizou Asociación Soalleira, despois de varios anos sin ningunha, pero valeu a pena esperar. Agardamos que todos disfrutarades moito e sentímolo polos que non puideron vir, outra vez será.
Aqui recollemos unhas fotos do maravilloso día


viernes, 10 de septiembre de 2010

DOMINGO 26 DE SETEMBRO

IV Xornada da Cultura Tradicional Galega Soalleira de Dorrón (Sanxenxo).

De 10:00 a 13:00 horas, xogos populares (chave, petanca, rá, aros, botellas, zancos, carreiras de sacos...)
Exposición " O proceso do viño", coidados, recolleita, elaboración, utensilios antigos cedidos polos veciños, cantares e refráns relacionados co tema.
Ás 18:00 horas, Festival Folclórico Soalleira de Dorrón con pasarrúas a cargo dos grupos participantes.
Ás 18:30 actuación dos seguintes grupos:
-Soalleira de Dorrón
-Danzantes de Cobas
-Agrupación Folclórica Pedra Catan de Meis
-Agrupación Folclórica Anxuiña de Marín
-Grupo de Gaitas os de Barro
Ás 20:30 horas merenda popular e fin de festa.