miércoles, 16 de septiembre de 2009

III XORNADA DA CULTURA TRADICIONAL GALEGA



Un ano máis celebramos esta xa tradicional Xornada no noso pobo, Dorrón. A partir das 10 da mañá tiveron cabida no campo da festa moitos xogos tradicionais (trompo, peletre, rá, chave, aros...) foi moi divertido, sobre todo á xente maior gustoulle recordar eses tempos pasados de xogos nos camiños, que xa é dificil ver nestes tempos. Os nenos tamén disfrutaron moito, como pequenos que son. Xa ao rematar a mañá os asistentes puideron degustar un pincho de empanada e un vaso de viño que a esas horas prestou, vaia se prestou...
Pola tarde celebramos o Festival Folclórico. Tivemos a sorte de contar con grupos da nosa comarca que nos deleitaron todos eles con actuacións estelares. Ao rematar a actuación recibiron un agasallo e como non unha merecida merenda.Dende aquí o noso agradecemento pola súa desinteresada participación no noso Festival aos Grupos "Os Gatiños de Portonovo", "Vides Novas de Poio", "Paradanda de O Grove" e "Os do Barro de Noalla"
Tamén tivo lugar ao longo do Festival o sorteo dunha chea de agasallos donados por diferentes establecementos do noso concello. O noso agradecemento tamén a eles.
Para finalizar a nosa III Xornada Cultural Folclórica todos, bailaríns, gaiteiros/as e público asistente puidemos disfrutar dunha merenda popular.
É un pracer poder cada ano darlle cabida no noso pobo a esta Xornada e gustaríanos que se siga celebrando por moitos anos.
Moitas gracias a todos os colaboradores, participantes e por suposto ao noso público.Un bico.

jueves, 3 de septiembre de 2009