miércoles, 16 de septiembre de 2009

III XORNADA DA CULTURA TRADICIONAL GALEGA



Un ano máis celebramos esta xa tradicional Xornada no noso pobo, Dorrón. A partir das 10 da mañá tiveron cabida no campo da festa moitos xogos tradicionais (trompo, peletre, rá, chave, aros...) foi moi divertido, sobre todo á xente maior gustoulle recordar eses tempos pasados de xogos nos camiños, que xa é dificil ver nestes tempos. Os nenos tamén disfrutaron moito, como pequenos que son. Xa ao rematar a mañá os asistentes puideron degustar un pincho de empanada e un vaso de viño que a esas horas prestou, vaia se prestou...
Pola tarde celebramos o Festival Folclórico. Tivemos a sorte de contar con grupos da nosa comarca que nos deleitaron todos eles con actuacións estelares. Ao rematar a actuación recibiron un agasallo e como non unha merecida merenda.Dende aquí o noso agradecemento pola súa desinteresada participación no noso Festival aos Grupos "Os Gatiños de Portonovo", "Vides Novas de Poio", "Paradanda de O Grove" e "Os do Barro de Noalla"
Tamén tivo lugar ao longo do Festival o sorteo dunha chea de agasallos donados por diferentes establecementos do noso concello. O noso agradecemento tamén a eles.
Para finalizar a nosa III Xornada Cultural Folclórica todos, bailaríns, gaiteiros/as e público asistente puidemos disfrutar dunha merenda popular.
É un pracer poder cada ano darlle cabida no noso pobo a esta Xornada e gustaríanos que se siga celebrando por moitos anos.
Moitas gracias a todos os colaboradores, participantes e por suposto ao noso público.Un bico.

jueves, 3 de septiembre de 2009

lunes, 8 de junio de 2009

DIA DA MUIÑEIRA EN PONTEVEDRA


Como todos os anos por estas datas a Asociación Duos Pontes de Pontevedra organiza o día da muiñeira, este ano xa a XXXVIII edición. Que mérito!
O grupo Soalleira de Dorrón tamén leva uns cuantos anos asistindo e unha vez máis este ano contaron coa nosa presencia.
Despois de facer un pasarrúas dende a Praza do Teucro ata a Avenida Montero Rios, bailamos unha muiñeira, unha xota e un pasodobre, e logo .....a repoñer forzas!
A Asociación Duos Pontes ofreceunos a bebida e Soalleira ... levou os bocatas, despois do esforzo... ben o mereciamos... ou non?

martes, 26 de mayo de 2009

ROMARIA RAIGAME


O pasado 17 de Maio fomos á Romaria Raigame en Vilanova dos Infantes (Ourense). Unha festa espectacular, moi ben ambientada e moi completa, con demostracións de oficios tradicionais (ferreiros, zoqueiros, oleiros, afiadores, fiadoras, teares, cesteiros, carpinteiros, canteiros...), actuacións de grupos folclóricos, xigantes e cabezudos, postos con exposicións de puntillas de Camariñas, coiro, productos típicos galegos... todo isto e a conservación do pobo no que se celebra levounos a pensar por un día que viviamos noutra época.
O que máis nos impresionou foi a demostración das fiadeiras, foi moi grato ver todo o proceso que se fai co liño para chegar a convertilo finalmente nunha fibra.
A organización do evento tamén merece un aplauso, en fin encantounos, gustounos tanto que estamos dispostos a repetir.
Noraboa aos organizadores, aos participantes e aos visitantes que fan posible tal evento.



A continuación expoñemos nun documento un pequeno resumo do que nos ensinaron estas fiadoras sobre o liño.

O PROCESO DO LIÑO O PROCESO DO LIÑO Soalleira